ACTIVIDADES CLUB

As actividades están abertas a alumn@s dende os 4 ata os 99 e están divididas en varios apartados:


Esgrima de base / de iniciación:
O Club Escola Hungaresa achega aos máis pequenos ao mundo da esgrima para que se familiaricen coas pautas e conceptos básicos da modalidade.
O Club organiza actividades para nen@s desde os 4 anos.


Esgrima de tecnificación:
O Club promove entre os seus tiradores a aprendizaxe de técnicas complexas e especializadas que lles permitan alcanzar un nivel competitivo óptimo, podendo participar en eventos e competicións de ámbito autonómico, nacional e internacional.


Esgrima lúdica e de lecer:

O Club Escola Hungaresa recomenda a práctica da esgrima na súa vertente lúdica a xente de todas as idades coa fin de:
Realizar unha actividade física e mental, técnica e táctica que resulta moi saludable e divertida.
Aprender unha técnica secular que proporciona coordinación, concentración, ritmo, axilidade...
Desconectar da rutina diaria, relaxarse, distraerse e buscar un entretemento.
Coñecer xente e formar amizades a través dunha práctica común.


Complementando a práctica cotiá da esgrima deportiva e os adestramentos, o Club pretende dar a coñecer a disciplina fomentando a organización de competicións, cursos e obradoiros de iniciación e tecnificación, exhibicións públicas e representacións de esgrima escénica e teatral.