A ESGRIMA

INTRODUCCIÓN HISTÓRICA:

A evolución da esgrima occidental discorre paralela á do home ao longo da Historia.

A primeira espada que se coñece ten a folla de bronce e data de hai 5000 anos.

Grecia, xa no século IX a.C., posuía coñecemento sobre o manexo de espadas, aínda que foi o Imperio Romano o que contribuíu, coa súa expansión territorial, á difusión e proliferación destas armas.

No século XIV en Europa empézanse a desenrolar as diferentes técnicas da esgrima coa consecuente publicación de tratados e a aparición de distintas escolas. Os países máis relevantes neste sentido foron:

* Hungría

* Francia

* Italia

* España

En España os primeiros tratados que establecen as pautas para o exercicio da esgrima aparecen no século XV: "La verdadera esgrima" (1472) de J. Pons e "El manejo de las armas de combate" (1473) de P. de la Torre. Xa no século XVI o mestre Jerónimo de Carranza publica “De la filosofía de las armas”, auténtica referencia dos tratados de esgrima e cuia validez perdura durante máis de 300 anos.

No século XVI introdúcese en Italia, e o estoque e a técnica italiana (primeiramente co brazo esquerdo envolto cun manto) popularizáronse en Europa, especialmente en Inglaterra e Francia.

No século XVIII inventouse en Francia o florete, e xurdiron distintos estilos de defensa e ataque, así coma un vocabulario especial de esgrima.

No século XIX prohibíronse os duelos, e a arte da esgrima comezou a ensinarse con fins estrictamente deportivas. Empezaron a usarse a luva, o protector de peito e a careta de malla metálica.

Posteriormente, co inicio dos Xogos Olímpicos da Era Moderna en 1896, foi declarado deporte olímpico e se transformou nunha disciplina deportiva de pleno dereito.

Grandes pensadores, estrategas, artistas e científicos sucumbiron ao feitizo da súa práctica, da cal souberon extraer en gran medida coñecementos aplicables ás súas respectivas disciplinas e viceversa.

A esgrima estivo presente en todas as grandes citas deportivas e acompañou, unhas veces sixilosamente, outras con gran estrondo, a moitos dos acontecementos políticos e sociais de relevancia do século XX.