BENVID@ AO SITIO WEB DO CLUB ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA PONTEVEDRA

 

NOVIDADES


DOMINGO 04/01/09

O CLUB ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA PROMOVE E ORGANIZA O 2º RANKING GALEGO DE SABRE QUE SE CELEBRARÁ OS DÍAS 10 E 11 DE XANEIRO EN PONTEVEDRA.

Máis info


MARTES 23/12/08

A 1ª PROBA DE RANKING GALEGO DE SABRE CELEBRADA EN PONTEVEDRA A PASADA FIN DE SEMANA CONCLÚE CUN GRANDE ÉXITO DE PARTICIPACIÓN DE CLUBES E TIRADORES EN TODAS AS CATEGORÍAS.

DESDE A ESCOLA HUNGARESA QUEREMOS AGRADECER A DESINTERESADA COLABORACIÓN PRESTADA POR ENTIDADES (CLUB COMPOSTELA ESGRIMA, CLUB DE ESGRIMA LUGO, ESCOLA EUROPEA PARASANITARIA, MASTER DISCO MÓVIL) E PERSOAS (PABLO CUBELA, DANIEL VÁZQUEZ, ORIOL LLOSES, ÁLEX ALBERTI) QUE CONTRIBUÍRON DE XEITO IMPRESCINDIBLE AO ÉXITO DO TORNEO.

¡GRAZAS A TOD@S!


RESULTADOS POR CATEGORÍAS

Sabre individual feminino categoría M-15

Sabre individual masculino categoría M-15

Sabre individual feminino categoría M-20

Sabre individual masculino categoría M-20

Sabre individual feminino categoría Absoluta

Sabre individual masculino categoría Absoluta


MARTES 09/12/08

O CLUB ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA PROMOVE E ORGANIZA O 1º RANKING GALEGO DE SABRE QUE SE CELEBRARÁ OS DÍAS 20 E 21 DE DECEMBRO EN PONTEVEDRA.

                                                            

Máis info


XOVES 27/11/08

O CLUB ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA ORGANIZA, EN COLABORACIÓN CO SERVIZO DE DEPORTES DO CAMPUS DE PONTEVEDRA, UN CURSO DE INICIACIÓN Á ESGRIMA PARA TODA A COMUNIDADE UNIVERSITARIA.
A PARTIRES DO MARTES 2 DE DECEMBRO NAS INSTALACIÓNS DO PAVILLÓN UNIVERSITARIO.

Máis info


MÉRCORES 24/09/08

A PARTIRES DO LUNS 29 DE SETEMBRO ENTRA EN FUNCIONAMENTO O HORARIO DE INVERNO NO CLUB ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA-PONTEVEDRA

TURNO
CATEGORÍA
LUNSMARTES
MÉRCORESXOVESVENRES
MAÑÁN
Absoluta
(Adultos)
PECHADO
10h-11:30h
PECHADO
10h-11:30h
PECHADO
 TARDEM-12
(Infantil)

PECHADO
18h-19h 
 18h-19h
18h-19h
18h-19h
 TARDEM-15 / M-17
(Xuvenil)

19h-20h
19h-20h
19h-20h
19h-20h
19h-21h
 TARDE Absoluta
(Adultos)
20:30h-21:30h
20:30h-21:30h
20:30h-21:30h
20:30h-21:30h
19h-21h

VENRES 29/08/08

RESCATAMOS UNHAS DECLARACIÓNS DO MEDALLISTA JOSÉ LUIS ABAJO "PIRRI" NA PRENSA: "LA ESGRIMA ES EMOCIONANTE, IMPREDECIBLE. PUEDE GANAR CUALQUIERA. TE ENGANCHA."

Ler información completa en "La voz de Galicia".


VENRES 22/08/08

POÑEMOS Á TÚA DISPOSICIÓN A NOVA SECCIÓN DE VIDEOS, COAS COMPETICIÓNS, REPORTAXES E HISTORIAS ESCOLMADAS DA REDE

Acceder á sección de videos


DOMINGO 17/08/08

O SABRE MASCULINO POR EQUIPOS PECHA AS COMPETICIÓNS DE ESGRIMA NOS XOGOS OLÍMPICOS DE BEIJING 2008


DOMINGO 17/08/08

FRANCIA CONSEGUE A MEDALLA DE OURO EN SABRE MASCULINO POR EQUIPOS

Ler información completa en Marca.com

Resultado oficial da competición de sabre masculino por equipos en Marca.com


SÁBADO 16/08/08

RUSIA CONSEGUE A MEDALLA DE OURO EN FLORETE FEMININO POR EQUIPOS

Ler información completa en Marca.com

Resultado oficial da competición de florete feminino por equipos en Marca.com


VENRES 15/08/08

FRANCIA CONSEGUE A MEDALLA DE OURO EN ESPADA MASCULINA POR EQUIPOS

Ler información completa en Marca.com

Resultado oficial da competición de espada masculina por equipos en Marca.com


XOVES 14/08/08

UCRANIA CONSEGUE A MEDALLA DE OURO EN SABRE FEMININO POR EQUIPOS

Ler información completa en Marca.com

Resultado oficial da competición de sabre feminino por equipos en Marca.com


MÉRCORES 13/08/08

A ALEMANA BRITTA HEIDEMANN, OURO EN ESPADA FEMININA

Ler información completa en Marca.com

Resultado oficial da competición de espada feminina individual en Marca.com


MÉRCORES 13/08/08

O FLORETISTA MADRILEÑO JAVIER MENÉNDEZ CAE EN 1/16 DE FINAL ANTE O AUSTRÍACO ROLAND SCHLOSSER

Ler información completa en Marca.com

Resultado oficial da competición de florete masculino individual en Marca.com


MARTES 12/08/08

A FINAL DE SABRE MASCULINO INDIVIDUAL ENFRENTOU AO CHINÉS MAN ZHONG CO FRANCÉS NICOLÁS LÓPEZ, CON VICTORIA DO PRIMEIRO POR 15 TOCADOS A 9

Ler información completa en Marca.com


MARTES 12/08/08

JORGE PINA CAE EN 1/4 DE FINAL ANTE O FRANCÉS NICOLÁS LÓPEZ

Ler información completa en Marca.com

Resultado oficial da competición de sabre masculino individual en Marca.com


MARTES 12/08/08

O SABRISTA MADRILEÑO JORGE PINA PASA A 1/4 DE FINAL TRAS DERROTAR AO ITALIANO ALDO MONTANO POR 15-14

JAIME MARTÍ CAE EN 1/8 DE FINAL ANTE O CHINÉS MAN ZHONG POR 15-14

Ler información completa en RTVE.es


LUNS 11/08/08

A FINAL DE FLORETE FEMININO INDIVIDUAL LEVA OURO E BRONCE A ITALIA E A PRATA A COREA DO SUR

Resultado oficial da competición de florete feminino individual en Marca.com


DOMINGO 10/08/08

A FINAL DE ESPADA MASCULINA INDIVIDUAL ENFRENTOU AO ITALIANO MATTEO TAGLIARIOL CO FRANCÉS FABRICE JEANNET, OURO E PRATA RESPECTIVAMENTE

Resultado oficial da competición de espada masculina individual en Marca.com


DOMINGO 10/08/08

PIRRI CONSEGUE A PRIMEIRA MEDALLA OLÍMPICA DA ESGRIMA ESPAÑOLA

Marca.com: Abajo: "Con esta medalla me he hecho inmortal"

Marca.com: Abajo, bronce, primera medalla de la historia de la esgrima española

Marca.com: Pirri se cuelga el bronce

Marca.com: España se pone a cien en el medallero

Marca.com: El primer as de espadas

ElPaís.com: Pirri logra una medalla histórica para España

RTVE.es: Pirri le da a España su medalla número 100

Vídeo do derradeiro minuto do asalto en RTVE.es


DOMINGO 10/08/08

PIRRI LOITARÁ POLO BRONCE TRAS CAER NA SEMIFINAL ANTE O ITALIANO TAGLIARIOL

Ler información completa en Marca.com


DOMINGO 10/08/08

O ESPADISTA MADRILEÑO JOSE LUIS ABAJO "PIRRI" MÉTESE EN SEMIFINAIS TRAS VENCER AO ITALIANO DIEGO CONFALONIERI EN 1/4 DE FINAL

Ler información completa e ver vídeo en RTVE.es

Ler información completa en Marca.com

Ler información completa en ElPaís.com

Resultado oficial da competición de espada masculina individual (1/4 final) en Marca.com


SÁBADO 09/08/08

AS TIRADORAS ESTADOUNIDENSES MONOPOLIZAN O PODIO EN SABRE FEMININO INDIVIDUAL

Ler información completa en Marca.com

Resultado oficial da competición de sabre feminino individual en Marca.com


SÁBADO 09/08/08

A SABRISTA MADRILEÑA ARACELI NAVARRO ABANDONA POR LESIÓN NO SEU SEGUNDO COMBATE

Ler información completa en ElPaís.com

Ler información completa e resultados en Marca.com

Ver resultados 1/16 de final de sabre feminino individual en RTVE.es

Ver vídeo e declaracións en RTVE.es

Navarro vs. Ward - Beijing 2008 Parte 1

Navarro vs. Ward - Beijing 2008 Parte 2


MÉRCORES 06/08/08

DESDE O DÍA 9 DE AGOSTO O WEB DO CLUB ESCOLA HUNGARESA POÑERÁ Á TÚA DISPOSICIÓN A DIARIO TODA A INFORMACIÓN SOBRE AS COMPETICIÓNS DE ESGRIMA NOS XOGOS OLÍMPICOS BEIJING 2008


MÉRCORES 25/06/08

A PARTIR DO DÍA 1 DE XULLO ENTRA EN FUNCIONAMENTO O HORARIO DE VERÁN NO CLUB ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA-PONTEVEDRA

O horario de verán está en funcionamento desde o 1 de Xullo até o 30 de Setembro.


TURNO
CATEGORÍA LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
 MAÑÁN
 M-12
(Infantil)

 PECHADO
10:30h-11:30h
10:30h-11:30h
 10:30h-11:30h PECHADO
 MAÑÁNM-15 / M-17
(Xuvenil)
 
Absoluta
(Adultos)
PECHADO
  11:30h-13h
  11:30h-13h  11:30h-13h PECHADO
 TARDEM-15 / M-17
(Xuvenil)
 
Absoluta
(Adultos)
 PECHADO 19:30h-21h  19:30h-21h  19:30h-21h PECHADO


XOVES 19/06/08

A TEMPORADA 2007/2008 CHEGA Á SÚA FIN CUN EXCELENTE RESULTADO PARA @S SABRISTAS DA ESCOLA HONGARESA D'ESGRIMA - BARCELONA

Óscar González (CEEHE-B): Campión Universitario de Catalunya 2008 e 4º posto na Liga Catalana Absoluta - Sabre masculino.

Ernest Barceló e Óscar López (CEEHE-B): 3º e 4º posto respectivamente no Campionato Universitario de Catalunya 2008 - Sabre masculino.

Roser Amigó (CEEHE-B): 2º posto no Campionato Universitario de Catalunya 2008 - Sabre feminino.

Sabina Batllé (CEEHE-B): 3º posto no Campionato de Catalunya M-17 - Sabre feminino.

Joan García (CEEHE-B): 3º posto no Campionato de España M-15 e 2º posto, tanto na Liga Catalana M-15 coma no Campionato de Catalunya M-15 - Sabre masculino.

Sandra Vicente (CEEHE-B): Campiona de Catalunya M-15 - Sabre feminino.

Alba Elías (CEEHE-B): 3º posto no Campionato de Catalunya M-15 - Sabre feminino.

Ares Sirvent (CEEHE-B): Campiona de Catalunya M-12 - Sabre feminino.

Víctor Portabella (CEEHE-B): Campión de Catalunya M-12 - Sabre masculino.

Arnau Nisarre e Eduard Cuervo (CEEHE-B): 2º e 3º posto respectivamente no Campionato de Catalunya M-12 - Sabre masculino.

                     

   Sandra Vicente e Alba Elías                            Ares Sirvent                           Nisarre,Portabella e Cuervo                          Joan García                              (2ª e 3ª pola esquerda)                  (2ª pola esquerda)                              (1º, 2º e 3º pola esquerda)                          (3º pola esquerda)                   


MÉRCORES 11/06/08

O CLUB ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA-PONTEVEDRA PROMOVE E ORGANIZA O Iº CAMPUS DE ESGRIMA-VERÁN 2008

Descargar información completa

Folla de inscripción


LUNS 09/06/08

A ESGRIMA CONVERTEU A MAIORES E PEQUEN@S N@S POTAGONISTAS DA FESTA DO DEPORTE GALEGO EN PONTEVEDRA

Casi medio centenar de persoas de todas as idades participaron nas actividades programadas polo CLUB ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA-PONTEVEDRA para a FESTA DO DEPORTE GALEGO celebrada o pasado Domingo 8 de Xuño na Avenida de Montero Ríos de Pontevedra. A expectación causada nos viandantes fixo que moitos deles se detiveran a contemplar as exhibicións e a participar nos obradoiros de xeito moi activo durante toda a mañá.
Impartíronse  dous obradoiros de iniciación á esgrima para nenos e un para adultos.
As exhibicións correron a cargo dos monitores e alumn@s do CLUB ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA-PONTEVEDRA. Tamén participaron varios dos integrantes das actividades de NOITES ABERTAS.


MARTES 03/06/08

O CLUB ESCOLA HUNGARESA DE ESGRIMA-PONTEVEDRA PARTICIPARÁ NA FESTA DO DEPORTE GALEGO O VINDEIRO DOMINGO 8 DE XUÑO

A esgrima será unha das actividades protagonistas na FESTA DO DEPORTE GALEGO que se celebrará o vindeiro Domingo 8 de Xuño na Avenida de Montero Ríos de Pontevedra.
Desde as 12:00h. até as 14:00 h. o Club Escola Hungaresa de Esgrima-Pontevedra realizará as seguintes actividades:

Exhibición de esgrima por parte dos monitores e alumn@s do Club Escola Hungaresa.
Obradoiro de iniciación á esgrima para nen@s.
Obradoiro de iniciación á esgrima para adult@s.

Os obradoiros de iniciación á esgrima son gratuítos. O Club Escola Hungaresa proporciona o equipamento preciso para a realización das actividades.

@s alumn@s da actividade de esgrima en NOITES ABERTAS están convidad@s a asistir e participar na exhibición. Para iso deberán poñerse en contacto co Director Técnico do Club Escola Hungaresa antes do Sábado 7 de Xuño chamando ao 699 231 389 ou ben enviando un e-mail a esgrima@escolahungaresa.com


MARTES 03/06/08

QUINTO POSTO DO SABRISTA JAIME MARTÍ NA COPA DO MUNDO "TROFEO LUXARDO" DESPUTADA EN PADUA - ITALIA

O sabrista madrileño Jaime Martí segue coa racha de bos resultados na Copa do Mundo. Na localidade italiana de Padua o madrileño meteuse na Final de Oito do "Trofeo Luxardo" e rematou a competición no quinto posto, resultado que mantén a Martí entre os oito mellores do ranking mundial.
Para chegar a esa Final de Oito, Martí se desfixo no taboleiro de eliminación directa de 64 do francés Medard por 15 tocados a 12; no taboleiro de 32 eliminou ao hungarés Lengyel por 15 tocados a 13, mesmo marcador que repetiu co hungarés Nagy para meterse na Final de Oito. Pero no asalto para a medalla atopouse co rumano Dumitrescu (que lle gañou na final do Villa de Madrid a semana pasada), vencendo éste por 15 tocados a 12.
Gañou a competición o hungarés Tamas Decsi, que se impuso na final por 15 tocados a 11 ao bielorruso Valery Priyemka.


LUNS 02/06/08

REMATARON AS NOITES ABERTAS

O Venres pasado rematou a temporada de Noites Abertas. Desde o Club Escola Hungaresa de Esgrima queremos agradecer o interés, a implicación e o esforzo de tod@s @s asistentes que fixestes posible o éxito da actividade no seu primeiro ano. A conexión foi "simultánea".
As portas da sala estarán sempre abertas para vós.

¡GRACIAS, COMPAÑEIR@S!


MARTES 27/05/08

TRES SABRISTAS ESPAÑOIS ENTRAN NA FINAL DE OITO NO GRAN PRIX "VILLA DE MADRID 2008" CELEBRADO A PASADA FIN DE SEMANA: PRATA DE JAIME MARTÍ, JORGE PINA (6º) E FERNANDO CASARES (8º)

Ler noticia completa na RFEE


SÁBADO 24/05/08

JOAN GARCÍA, COMPAÑEIRO DO CLUB ESCOLA HONGARESA D'ESGRIMA - BARCELONA, OBTÉN A MEDALLA DE BRONCE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA M-15 DE SABRE CELEBRADO A PASADA FIN DE SEMANA EN LAS ROZAS

                                                ¡PARABÉNS JOAN!

Ver clasificación completa na RFEE


VENRES 23/05/08

OS "OLÍMPICOS" JORGE PINA E JAIME MARTÍ PROTAGONISTAS ESTA FIN DE SEMANA NO GRAN PRIX "VILLA DE MADRID 2008", QUE CONGREGARÁ AOS MELLORES SABRISTAS MUNDIALES DO MOMENTO

Ler noticia completa na RFEE


XOVES 22/05/08

A CITA COA ESGRIMA EN NOITES ABERTAS CAMBIA DE DÍA

Volve a esgrima en Noites Abertas, só que esta vez faino o Venres 23 de Maio, en troques do Sábado, como viña sendo habitual até agora. O horario continúa a ser o mesmo, de 20:30h. a 22:30h., ao igual que as instalacións, no C.E.I.P. Froébel.
Se estás interesad@ na actividade, lembra que se trata da penúltima sesión antes da fin da temporada de Noites Abertas.

Para practicar esgrima de xeito continuado, podes acudir á nosa sala de adestramento ubicada nas instalacións do centro E.P.A. (Antiga Escola de Maxisterio), na Av. de Bos Aires nº 26, en Pontevedra.

Para realizar calquer consulta ou aclaración podes poñerte en contacto con nós chamando ao 699 231 389, ou ben enviando un e-mail a esgrima@escolahungaresa.com


DOMINGO 18/05/08

"A ESGRIMA É UN DEPORTE ACCESIBLE, POPULAR E MÁIS BARATO DO QUE SE CRE"

Ler noticia completa en "La voz de Galicia"


MÉRCORES 14/05/08

VOLVEN AS NOITES ABERTAS

Tralo éxito da anterior convocatoria de esgrima en Noites Abertas, o Club Escola Hungaresa de Esgrima-Pontevedra retoma a actividade o vindeiro Sábado 17 de Maio no seu horario habitual, de 20:30h. a 22:30h. nas instalacións do C.E.I.P. Froébel.
Lembra que a actividade é gratuíta e non require inscripción previa.

Se estás interesad@ en practicar esgrima de xeito continuado, podes acudir á nosa sala de adestramento ubicada nas instalacións do centro E.P.A. (Antiga Escola de Maxisterio), na Av. de Bos Aires nº 26, en Pontevedra.

Para realizar calquer consulta ou aclaración podes poñerte en contacto con nós chamando ao 699 231 389, ou ben enviando un e-mail a esgrima@escolahungaresa.com


LUNS 05/05/08

OS SABRISTAS JORGE PINA E JAIME MARTÍ FINALISTAS NA COPA DO MUNDO DE BANGKOK NO SEU CAMIÑO CARA OS XOGOS OLÍMPICOS DE PEKÍN 2008

Ler noticia completa na RFEE


XOVES 01/05/08

NOITES ABERTAS 2008

O Club Escola Hungaresa de Esgrima-Pontevedra comeza as súas actividades en "Noites Abertas" o vindeiro Sábado 3 de Maio, a través dunhas xornadas de iniciación á esgrima dirixidas a moz@s de entre 12 e 30 anos. O programa "Noites Abertas" está coordinado polo Departamento de Xuventude do Concello de Pontevedra.

As actividades son gratuítas e non requiren inscripción previa.
O número de prazas é limitado, establecéndose un máximo de 16 participantes por sesión.
As actividades da Escola Hungaresa para "Noites Abertas" abarcan todo o mes de Maio e divídense en 5 sesións:

Sábado 3 de Maio
Sábado 10 de Maio
Sábado 17 de Maio
Venres 23 de Maio
Venres 30 de Maio

A duración de cada sesión é de 2 horas e o horario é de 20:30h. a 22:30h.

As actividades realízanse nas instalacións do C.E.I.P. Froébel, na rúa Xeneral Martitegui nº 3, en Pontevedra.

A Escola Hungaresa proporciona todo o material preciso para a realización das actividades, e recomenda aos participantes o uso de zapatillas deportivas e de roupa cómoda (chándal, etc).

Para calquer consulta ou aclaración podes poñerte en contacto con nós chamando ao 699 231 389, ou ben enviando un e-mail a esgrima@escolahungaresa.com

 

Número de visitas