ESGRIMA OLÍMPICA
As nosas clases están destinadas a persoas entre os 6 e os 99 anos e divídense segundo as diferentes categorías de idade. Entre os contidos das nosas clases, destacan as seguintes:
- Aprendizaxe de posicións, desprazamentos, ataques e defensas de esgrima.
- Adquisición dos conceptos de tempo, distancia e ritmo.
- Fomento dos valores propios do noso club e inherentes á esgrima.
- Promoción de hábitos de vida saudable.
- Coñecemento do regulamento e normas de comportamento da esgrima.

M-9 (6 - 9 anos)
Achegamos a esgrima aos máis peques para que se familiaricen coas pautas e conceptos elementais a través de xogos e exercicios de esgrima.
Empregamos material específico para a súa idade como o uso de sabres de plástico.

M11 (9 - 11 anos)
M13 (11 - 13 anos)
Achegamos a esgrima á mocidade de 9 a 13 anos para que se familiaricen coas pautas e conceptos básicos a través de xogos e exercicios de esgrima. Empregamos material específico para a súa idade como sabres de metal.

M15 (13 - 15 anos)
M17 (15 - 17 anos)
M20 (17 - 20 anos)
Clases de esgrima de lecer e de competición para a xuventude dos 13 aos 20 anos. Clases e adestramentos de iniciación, perfeccionamento e tecnificación.

Adultos
Esgrima de lecer e de competición para maiores de 20 anos. Clases e adestramentos de iniciación, perfeccionamento e tecnificación.
Estas clases supoñen unha boa oportunidade para relaxarse, distraerse e coñecer xente a través da práctica da esgrima.

Esgrima en cadeira
Esgrima de lecer e de competición para persoas con discapacidade motora recoñecida.
Clases de iniciación, perfeccionamento e tecnificación.
Existen competicións de ámbito autonómico, nacional e internacional.

Esgrima a cegas
Esgrima de lecer e de competición para persoas con discapacidade visual recoñecida.
Clases de iniciación, perfeccionamento e tecnificación. Existen competicións de ámbito autonómico, nacional e internacional.
ESGRIMA HISTÓRICA
H.E.M.A. (Historical European Martial Arts) é unha modalidade que recupera a práctica da esgrima con réplicas de armas antigas.
Clases e adestramentos de iniciación e perfeccionamento con distintas armas (espada longa, espada roupeira, sabre de duelo). Existen eventos deportivos e de recreación histórica de ámbito autonómico, nacional e internacional.
Complementando a práctica cotiá da esgrima e os adestramentos, a Escola Hungaresa pretende dar a coñecer a disciplina fomentando a organización de torneos, obradoiros de iniciación e tecnificación, exhibicións públicas e representacións de esgrima escénica e teatral.
Horarios
Na seguinte ligazón pode consultar os horarios para a tempada 2026/2027.
Horarios válidos entre o 7 de setembro de 2026 e o 18 de xuño de 2027.



