
En Esgrima Pontevedra participamos en diferentes proxectos Erasmus+ Sport coa finalidade de fomentar e extender a práctica da esgrima a persoas con diversidade funcional e persoas marxinadas. Estes proxectos realízanse en colaboración con outros clubes de esgrima do continente europeo.
En anos anteriores, formamos parte do proxecto Esgrima a Cegas.

Grazas a este proxecto déuselle pulo á modalidade da esgrima para persoas con discapacidade visual recoñecida.