Erasmus+ Enriching lives, opening minds

En Esgrima Pontevedra participamos en diferentes proxectos Erasmus+ Sport coa finalidade de fomentar e extender a práctica da esgrima a persoas con diversidade funcional e persoas marxinadas. Estes proxectos realízanse en colaboración con outros clubes de esgrima do continente europeo.

 

Actualmente, formamos parte do proxecto FEIB.

Logo FEIB

F.E.I.B. ("Fencing: Equity, Inclusion and Belonging", traducido ao galego como “Esgrima: Equidade, Inclusión e Pertenza”) é unha iniciativa innovadora deseñada para promover a inclusión social dos individuos marxinados a través do deporte da esgrima.

Neste proxecto colaboramos con outros 4 clubes e asociacións deportivas:

-Accademia Scherma Milano (Italia)

-Phoenix Social Youth Croup (Ucraína)

-Association Sportive Bouillargues Escrime (Francia)

-Asociatia Clubul Sportiv Forza Junior Costuleni (Rumanía)

Todos os socios posan con sabres, floretes e espadas nas mans

En xaneiro de 2025, iniciouse oficialmente o proxecto FEIB cunha reunión de todos os socios en Milán, onde se firmou o contrato Erasmus+ Sport e estableceuse o plan de actuación do proxecto.

Para máis información sobre o proxecto, os socios e as actividades/eventos que se están a realizar, consulte a web https://www.feib-erasmus.eu/.

Logo Cofinanciado pola Unión Europea

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.