Club Escola Hungaresa de Esgrima Pontevedra
Promovido polo mestre de esgrima hungarés Imre Dobos, fundador e director do Club Escola Hongaresa d'Esgrima de Barcelona, nace no ano 2008 o Club Escola Hungaresa de Esgrima-Pontevedra, unha entidade deportiva de carácter social co propósito de introducir e fomentar a práctica da esgrima na cidade de Pontevedra.
O Club Escola Hungaresa de Esgrima-Pontevedra está inscrito no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia e goza de recoñecemento legal por parte das institucións públicas (Xunta de Galicia, Concello de Pontevedra).
O Club está integrado de pleno dereito na Federación Galega de Esgrima (F.G.E.) e na Real Federación Española de Esgrima (R.F.E.E.).
Os nosos valores
Os 5 valores principais do noso club son, á súa vez, os valores inherentes da esgrima. Nas nosas clases, buscamos fomentar entre a cativada e a rapazada estes valores co propósito de complementar a súa aprendizaxe da esgrima.
As nosas instalacións
Ximnasio no centro EPA
Contamos cunha sala de adestramento de 200m2 completamente equipada para a práctica da esgrima. Dispón dunha zona de vestiarios, almacén e armería de 100m2.
Sala de esgrima X11
Contamos cunha sala de adestramento e competición de 300m2 totalmente equipada con zona de vestiarios e duchas, almacén, despacho e armería.
Centro EPA
Enderezo: Avda. Bos Aires 26, Pontevedra
Sala de Esgrima X11
Enderezo: Rúa Josefa Vázquez Juncal, Pontevedra