Esgrima olímpica

 

As nosas clases están destinadas a persoas entre os 6 e os 99 anos e divídense segundo as diferentes categorías de idade. Entre os contidos das nosas clases, destacan as seguintes:

  • Aprendizaxe de posicións, desprazamentos, ataques e defensas de esgrima.
  • Adquisición dos conceptos de tempo, distancia e ritmo.
  • Fomento dos valores de respecto, disciplina, compañeirismo, afouteza e humildade, propios do noso club e inherentes á esgrima.
  • Promoción de hábitos de vida saudable.
  • Coñecemento do regulamento e normas de comportamento da esgrima. 
Dous nenos con traxe de esgrima

M9 (6 - 8 anos)

Achegamos a esgrima aos máis peques para que se familiaricen coas pautas e conceptos elementais a través de xogos e exercicios de esgrima.

Empregamos material específico para a súa idade como o uso de sabres de plástico.

Grupo de nenos sorrintes con traxe de esgrima.

M11 (9 - 10 anos)
M13 (11 - 12 anos)

Achegamos a esgrima á mocidade de 8 a 12 anos para que se familiaricen coas pautas e conceptos básicos a través de xogos e exercicios de esgrima. Empregamos material específico para a súa idade como sabres de metal.

Grupo de rapaces con traxe de esgrima

M15 (13 - 14 anos)
M17 (15 - 16 anos)
M20 (17 - 20 anos)

Clases de esgrima de lecer e de competición para a xuventude de 13 a 19 anos. Clases e adestramentos de iniciación, perfeccionamento e tecnificación.

Adultos

Esgrima de lecer e de competición para maiores de 20 anos. Clases e adestramentos de iniciación, perfeccionamento e tecnificación.

Estas clases supoñen unha boa oportunidade para relaxarse, distraerse e coñecer xente a través da práctica da esgrima.

Asalto de dous tiradores en cadeira de rodas

Esgrima en cadeira de rodas

Esgrima de lecer e de competición para persoas con discapacidade motora recoñecida.

Clases de iniciación, perfeccionamento e tecnificación. Existen competicións de ámbito autonómico, nacional e internacional.

Un arbitro facendo control da arma dun tirador cego

Esgrima a cegas

Esgrima de lecer e de competición para persoas con discapacidade visual recoñecida.

Clases de iniciación, perfeccionamento e tecnificación. Existen competicións de ámbito autonómico, nacional e internacional.



Esgrima histórica

H.E.M.A. (Historical European Martial Arts) é unha modalidade de esgrima que recupera a práctica con réplicas de armas antigas.

Clases e adestramentos de iniciación e perfeccionamento con distintas armas (espada longa, espada roupeira, sabre clásico). Existen eventos deportivos e de recreación histórica de ámbito autonómico, nacional e internacional.

Complementando a práctica cotiá da esgrima e os adestramentos, a Escola Hungaresa pretende dar a coñecer a disciplina fomentando a organización de torneos, obradoiros de iniciación e tecnificación, exhibicións públicas e representacións de esgrima escénica e teatral.

Horarios

Na seguinte táboa pódense ver os horarios de inverno para a tempada 2025/2026. Horario válido entre o 8 de setembro e o 19 de xuño. 

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.